CRTVG

Buscar

O Sergas notifica o falecemento de tres persoas por coronavirus

Publicado o 30/07/2021 19:50
O Sergas notifica o falecemento de tres persoas por coronavirus

O Sergas acaba de notificar o falecemento de tres persoas que foran diagnosticadas con coronavirus. Deste xeito, o número de vítimas ascende a 2.460 desde o comezo da pandemia en Galicia.

Os decesos son os dunha muller e dun home de 88 anos no CHOP e dunha muller de 92 anos no CHUAC. Segundo informou Saúde Pública, os tres padecían patoloxías previas.

Noticias web

30/07/2021