CRTVG

Buscar

O Sergas notifica o falecemento de tres homes por mor da covid

Publicado o 19/08/2021 19:32
O Sergas notifica o falecemento de tres homes por mor da covid

O Sergas acaba de notificar o falecemento de tres persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Con estes datos, o número de vítimas ascende a 2.532 desde o comezo da pandemia en Galicia.

Os decesos rexistrados son os de tres varóns. Un deles, de 70 anos, no CHUF; outro, de 89 anos, no CHUO, e un terceiro, de 91 anos, no CHUAC.

Segundo informa Saúde Pública, todos eles presentaban patoloxías previas.

Noticias web

19/08/2021