O Sergas notifica o falecemento de seis persoas a causa da covid
Publicado o 17/08/2021 20:06
• Un dos decesos é o dun home de 56 anos no CHUVI

O Sergas acaba de notificar o falecemento de seis persoas que foran diagnosticadas con coronavirus. Con estes datos, o número de vítimas ascende a 2.524 desde o comezo da pandemia en Galicia.
O pasado sábado 14 morrían un home de 94 anos no CHUF e dúas mulleres de 83 e 92 anos no HULA. O domingo 15 rexistrouse o deceso dun home de 82 anos no CHUAC. Na xornada de onte faleceron un home de 56 anos no CHUVI e unha muller de 89 anos no CHUAC.
Segundo informa o Servizo Galego de Saúde, todas as vítimas presentaban patoloxías previas.