CRTVG

Buscar

Falecen dúas persoas de 59 e 69 anos por causa da covid−19 en Galicia

Publicado o 03/06/2021 20:28
Falecen dúas persoas de 59 e 69 anos por causa da covid−19 en Galicia

Sanidade acaba de notificar o falecemento de dúas persoas que foran diagnosticadas de coronavirus. Con elas, o número total de vítimas ascende a 2.424 desde o comezo da pandemia en Galicia. 

Os decesos son da xornada de onte: un home de 69 anos, no CHUS, e unha muller de 59 anos, en Povisa.

Segundo informa o Sergas, ambos sufrían patoloxías previas.