Falecen dúas mulleres de 64 e 88 anos por coronavirus en Galicia
Publicado o 11/06/2021 20:18

Sanidade vén de notificar o falecemento de dúas persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Con elas, a cifra total de vítimas mortais ascende a 2.430 desde o comezo da pandemia en Galicia.
Os decesos producíronse na xornada de onte e son os dunha muller de 88 anos no CHUAC e unha muller de 64 anos no CHUVI.
Segundo informa o Sergas, ambas presentaban patoloxías previas.