CRTVG

Buscar

O Sergas notifica o falecemento de dous homes de 63 e 84 anos por coronavirus

Publicado o 28/07/2021 19:56
O Sergas notifica o falecemento de dous homes de 63 e 84 anos por coronavirus

O Sergas acaba de notificar o falecemento de dous homes que foran diagnosticados con coronavirus. Polo tanto, o número de vítimas ascende a 2.455 desde o comezo da pandemia en Galicia.

Os decesos son os dun home de 63 anos no CHUVI este pasado martes e un varón de 84 anos no Hospital da Mariña este mércores. Segundo informa Saúde Pública, ambos padecían patoloxías previas.

Noticias web

28/07/2021