CRTVG

Buscar

O Sergas notifica o falecemento de catro persoas que foran diagnosticadas con covid

Publicado o 27/08/2021 20:13
O Sergas notifica o falecemento de catro persoas que foran diagnosticadas con covid

O Sergas vén de notificar o falecemento de catro persoas que foran diagnosticadas con coronavirus. Con estes datos, a cifra de vítimas elévase a 2.557 desde o comezo da pandemia en Galicia.

Na xornada de onte rexistrouse o deceso de dous varóns no CHUAC, un deles de 70 anos e outro de 86 anos de idade.

Nas últimas 24 horas perderon a vida un home de 88 anos no Hospital Virxe da Xunqueira e unha muller de 82 anos no CHUAC.

Segundo informa Saúde Pública, todas elas presentaban patoloxías previas.

Noticias web

27/08/2021