O Sergas notifica dous falecementos por mor da covid−19
Publicado o 14/10/2021 20:54

O Sergas notificou este xoves o falecemento de dúas persoas que foran diagnosticadas con coronavirus.
Os finados son unha muller de 72 anos no CHUS e un home de 68 anos no HULA. Ambos faleceron onte e tamén ambos padecían patoloxías previas.
Con eles, a cifra de vítimas por mor da covid−19 ascende a 2.645 desde o comezo da pandemia en Galicia.