CRTVG

Buscar

Dous falecementos elevan a 2.422 as vítimas en Galicia desde o comezo da pandemia

Publicado o 02/06/2021 20:20
Dous falecementos elevan a 2.422 as vítimas en Galicia desde o comezo da pandemia

Sanidade notificou o falecemento de dúas persoas que foran diagnosticadas de coronavirus. Con estes datos, o número total de vítimas mortais debido á covid−19 ascende a 2.422 desde o comezo da pandemia en Galicia.

Os decesos son os de dúas mulleres na xornada de onte, unha delas de 97 anos no CHUVI e outra de 81 anos no CHOP.

Segundo informa o Sergas, ambas padecían patoloxías previas.

Noticias web

02/06/2021