O Sergas notifica catro falecementos por covid−19, 2.409 desde o inicio da pandemia
Publicado o 18/05/2021 20:18

O Sergas acaba de notificar catro falecementos de persoas que foron diagnosticadas con coronavirus. Con elas, son 2.409 as vítimas mortais rexistradas en Galicia desde o comezo da pandemia.
Os decesos son os dun home de 86 anos no CHUS o pasado sábado 15, unha muller de 64 anos no CHUS o domingo 16, un home de 95 anos no CHUO e unha muller de 72 anos no CHOP, ambos na xornada de onte.
Segundo confirma Saúde Pública, todos padecían patoloxías previas.