CRTVG

Buscar

O Sergas merca 50.000 tests antíxenos que dan o resultado en quince minutos

Publicado o 24/09/2020 14:57

• O test de antíxenos facilita a detección precoz e alixeira o traballo dos laboratorios | Estas probas vanse combinar coas PCR nos cribados

A vacina da gripe comezará, con carácter xeral, o 13 de outubro 

 

O Sergas repartirá polas sete áreas sanitarias as 50.000 unidades de tests antíxenos que xa mercou. As mostras recóllense como nas PCR, pero a diferenza é que o resultado se obtén en menos de quince minutos, ao xeito dunha proba de embarazo, o que alixeira o traballo dos laboratorios e facilita unha detección precoz. O presidente da Xunta di que combinarán estes coas PCR, os de dobre banda e os de saliva.

Estes cribados van coincidir coa campaña de vacinación da gripe, que comezará o 13 de outubro para a poboación en xeral e unha semana antes para os profesionais sanitarios. Con 200.000 doses máis ca o ano pasado, esta será unha campaña histórica. Coma sempre, será gratuíta para maiores de 60 anos, residentes en institucións pechadas, embarazadas e persoas con factores de risco. A novidade é que se inclúen neste grupo as mulleres que non se vacinaron no embarazo ata seis meses despois do parto.

Noticias web

24/09/2020