CRTVG

Buscar

O Sergas completará nos próximos meses o investimento de 32 millóns aos hospitais comarcais

Publicado o 11/10/2021 15:06

Hospitais comarcais máis humanizados, máis funcionais e máis sostibles. Ese é o compromiso do conselleiro de Sanidade que hoxe visitaba o servizo de Farmacia e de Oncohematoloxía do hospital de Monforte, as primeiras obras dun plan director dotado de 15 millóns de euros.

O conselleiro dixo que o 85% dos galegos teñen o seu hospital de referencia a menos de 30 minutos e que moitas das obras previstas estarán destinadas a solucionar deficiencias detectadas a consecuencia da pandemia, da que, congratulouse, seguimos tendo bos datos. Esta semana non hai comité clínico, pero si interterritorial de Sanidade.

Comesaña felicitou os galegos polo seguimento dos protocolos durante esta ponte en que dixo, o botellón está baixo control.

Noticias web

11/10/2021