CRTVG

Buscar

Os 'casos orfos', obxectivo da novo sistema de rastrexo dos contaxiados

Publicado o 29/04/2021 14:34

O sistema para determinar a cadea dos contaxios cambia e pon o foco nos contactos causuais, nas persoas coas que por exemplo tomamos unha cervexa aínda que sexa seguindo os protocolos, ou os compañeiros de traballos cos que mantemos unha reunión, aínda que sexa levando a máscara. Se hai un positivo nestes ámbitos, o Sergas vaise poñer en contacto con eses contactos casuais para ofrecerlles a posibilidade de facer unha PCR.

Pretende investigar os ámbitos onde se orixinan os demoninados 'casos orfos', eses contaxios da covid que non sabemos cando nin onde se produciron. E para iso amplíase o período e o número de contactos investigados. Os denominados contactos casuais tamén van ser informados de que estiveron preto dunha persoa que se infectou por covid.

Que non estivesen sen máscara, nin máis dun cuarto de hora nin a menos de dous metros, "non quita que se saco a máscara un minuto, eu poida excretar unha partícula e chegarlle a outra persoa que teño en fronte coa que estou tomando un café", explica Olaia Pérez, técnica da Dirección Xeral de Saúde Pública. Por iso, o Sergas chamaraos para unha PCR se estiveron casualmente co positivo nos sete días previos, tamén en ámbitos laborais ou deportivos onde se toman as medidas.

"Nunha contorna de traballo enténdese que se toman as medidas, pero podemos estar nunha sala de reunións que non se ventilou adecuadamente e que alguén use unha máscara que non cambiou previamente na casa. Ou podemos estar facendo deporte, pero as máscaras humedécense, poden perder filtración, e poden dar lugar a contaxios". Eses contactos causuais non van ser postos en corentena, unha das razóns polas que a iniciativa goza de boa acollida na rúa.

O programa piloto durará entre 10 e 15 días a partir da semana que vén. Comprobarase a súa eficacia para detectar os ámbitos, lugares e accións onde se producen as infeccions dos casos que ata agora quedaban orfos, sen saber onde e cando se producira a infección.