O Sergas investiga a posible reinfección dunha usuaria da residencia do Incio
Publicado o 30/01/2021 19:36
Na provincia de Lugo, o Sergas investiga o caso dunha usuaria da residencia do Incio que deu positivo nunha PCR que se lle acaba de facer por mor dun segundo gromo de coronavirus que hai neste centro.
A investigación débese a que esta muller, supostamente, xa superara a covid no abrocho que houbera nesta residencia no mes de agosto, polo que agora as autoridades sanitarias queren saber se se trata dunha reinfección ou dun falso positivo.