CRTVG

Buscar

O Sergas intensifica os cribados entre a poboación de Sanxenxo para frear o virus

Publicado o 28/03/2021 16:13

O Sergas intensifica a busca de asintomáticos entre a poboación de Sanxenxo. Este domingo convocou case un cento de profesionais de supermercados e tendas de alimentación a un cribado voluntario. E a traballadoras como Maria Carmen, que se desprazou con gusto ata o hospital de Pontevedra para facer unha proba PCR.

Para martes e mércores hai previstos novos cribados entre os 2.400 veciños que traballan de cara ao público, como os empregados de axuda a domicilio e de hostalería, un sector exposto tamén ás consecuencias económicas do virus.

Vinte e oito casos diagnosticados nos últimos sete días dispararon a incidencia acumulada e obrigaron a novas restricións no concello.

Sanxenxo afronta a Semana Santa cos restuarantes pechados. Só atenden nas terrazas.
Están preocupados, din, porque na vila hai estes días turistas de fóra de Galicia.

Noticias web

28/03/2021