CRTVG

Buscar

O Sergas incrementa os cribados masivos de PCR ante o repunte de contaxios na área sanitaria de Vigo

Publicado o 24/04/2021 14:38

1.250 persoas estaban citadas no covid auto do Meixoerio este sábado á mañá e outras tantas á tarde. Trátase dun cribado aleatorio. O Sergas chamou a pacientes de distintos centros de saúde da área sanitaria viguesa. Destes que vemos, a maioría son de Lavadores. Cos 843 pacientes coa infección activa hoxe en Vigo, o medo a unha cuarta vaga intensa sobrevoa este covid au

A repunta dos contaxios nos últimos sete días, especialmente nesta área de Vigo, levou o Sergas a programar 9.000 probas PCR desde o martes pasado, en Gondomar, en Tomiño. Chama a atención que na franxa de entre 16 e 30 anos dos 3.735 que avisaron só se presentaron á cita 394. Un de cada dez.

Estas imaxes pertencen ao covid auto do hospital Álvaro Cunqueiro, todos os que foron chamados por ser contacto directo dun positivo confirmado por PCR. E as ringleiras eran como as de febreiro. De onte a hoxe na área sanitaria de Vigo o Sergas confirma 76 novos contaxios, o que deixa os casos activos en 843. Hai tres hospitalizados máis ca onte, 32, e na UCI segue habendo tres ingresados.

Noticias web

24/04/2021