CRTVG

Buscar

O Sergas impulsa un sistema de vacinación a domicilio para maiores de 80 anos dependentes

Publicado o 25/03/2021 17:52

Dende o Parlamento de Galicia chégannos novidades sobre a vacinación das persoas maiores de 80 anos que teñen problemas de mobilidade que lles impiden desprazarse aos hospitais para vacinarse.

A directoral xeral de Saúde Pública acaba de anunciar no Parlamento que a partir da semana que vén o Sergas comezará a vacinar no seu domicilio os maiores de 80 anos que teñan algún problema de mobilidade ou dependencia que lles impida acudir a un centro de saúde ou a un hospital. 

É un proceso que Carmen Durán asegura que se vai axilizar coa chegada da vacina de Janssen a principios do mes de abril. 

Noticias web

25/03/2021