O Sergas impulsa o primeiro ensaio en Galicia con medicamentos CAR-T, unha terapia pioneira contra o cancro
Publicado o 13/10/2021 15:30
O Sergas impulsa un ensaio pioneiro para tratar cancros oncohematolóxicos. O conselleiro de Sanidade asinou un convenio de colaboración co Hospital Clínic de Barcelona para poñer en marcha en Galicia o ensaio con medicamentos CAR-T. É unha nova xeración de fármacos de inmunoterapia que nalgúns casos conseguen unha taxa de resposta do 80 por cento nos pacientes.