CRTVG

Buscar

O Sergas habilita a petición de cita por WhatsApp para a vacinación contra a covid−19

Publicado o 23/09/2021 14:00

O Servizo Galego de Saúde abre desde este mesmo xoves a posibilidade de pedir cita para a vacinación, enviando unha mensaxe de WhatsApp ao número 981215930.

Segundo anunciou o presidente da Xunta, trátase dun sistema "flexible" que busca "facilitar e buscar a complicidade do cen por cento da poboación" para que se vacine contra a covid−19.

Así o explicou Alberto Núñez Feijóo na conferencia de prensa tras o Consello de la Xunta, onde destacou que Galicia é a comunidade con máis porcentaxe de poboación diana con dúas dose, algo máis do 91 %, e admitiu que será difícil completar o cen por cento.

Sobre a vacinación, Feijóo destacou que Galicia é a comunidade con máis porcentaxe de poboación diana con dúas dose, algo máis do 91 %, e admitiu que será difícil completar o cento por cento, ademais de constatar que segue a "boa evolución" dos datos epidemiolóxicos.

A finais deste mes xa se procederá ao peche dos centros de vacinación masiva para entrar noutra fase de "flexibilización" do proceso coa finalidade de chegar ás persoas que quedan sen vacinar "polo motivo que sexa", explicou Núñez Feijóo.

Tamén manifestou que se seguirán aplicando as terceiras doses da vacina conforme o estableza a estratexia nacional, á parte de iniciar a vacinación dos menores de 12 anos si finalmente é aprobada.

Noticias web

23/09/2021