CRTVG

Buscar

O Sergas fará un cribado no IES de Mos este sábado

Publicado o 21/05/2021 13:52

O comité clínico elevou as restricións no concello de Mos, onde a incidencia a catorce días supera os 290 casos, e mañá mesmo haberá un cribado no instituto, onde xa son 20 os positivos. O circuíto con entradas e saídas independentes xa está deseñado e o lugar escollido é unha aula obradoiro con ventilación no primeiro andar.

Con 20 positivos no instituto, que xa obrigaron a cancelar visitas, algunhas aulas presenciais e a festa de graduación, no centro subliñan a importancia da participación de toda a comunidade escolar. A nova situación sanitaria do concello de Mos suporá o límite do 50 % na capacidade das terrazas dos negocios de hostalería, que non poderán servir no interior.

Noticias web

21/05/2021