O Sergas crea unidades poscovid para atender os doentes que pasaron a enfermidade
Publicado o 18/03/2021 16:10

A Xunta aprobou este xoves crear unidades novas para atender a doentes que tiveron a covid e quedaron con secuelas. Haberáas en cada unha das sete áreas sanitarias.
Ata agora en Galicia 115.000 persoas pasaron a enfermidade e os datos din que un de cada dez ten secuelas de distinto tipo. Pois este mesmo mes, en cada área hospitalaria haberá especialistas en Medicina Interna, Pneumoloxía ou Psiquiatría para facerlles seguimento.
O Sergas chamará para darlles cita os pacientes que estiveron ingresados. Os demais terán que pedila no seu médico de familia.