CRTVG

Buscar

O Sergas cre que o gromo do Barco comezou no transporte escolar

Publicado o 23/09/2021 14:52

Con 30 contaxios e 4 aulas pechadas o gromo deste colexio O Cantel obrigou a elevar as restricións en Foz. Igual ca O Barco de Valdeorras desde o sábado estará no nivel medio. Na práctica implica poucos cambios. A hostalaría, unha vez máis, verá reducida a súa capacidade máxima.

Na rúa hai certa preocupación polo aumento de casos. O alcalde lembra que hai que ter precaución, xa que hoxe a incidencia a 14 días supera os 500 casos por cada 100.000 habitantes.

Situación semellante no Barco de Valdeorras, cun gromo que, segundo o Sergas, puido comezar no transporte escolar. O Sergas non descarta que aparezan novos casos.

Noticias web

23/09/2021