CRTVG

Buscar

O Sergas convoca 3.000 sanitarios da área de Ferrol para un cribado con mostras de saliva

Publicado o 08/02/2021 14:30
O Sergas convoca 3.000 sanitarios da área de Ferrol para un cribado con mostras de saliva

3.000 sanitarios da área de Ferrol están chamados polo SERGAS para participar nun cribado de detección da Covid.


As probas faranse a través dunha mostra de cuspe. Os distintos centros sanitarios e hospitais de Ferrol disporán entre hoxe e o mércores dos tubos para que os propios empregados do servizo de saúde recollan a mostra.

Despois enviarase ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, para o seu procesado masivo a través da técnica do pooling.

Noticias web

08/02/2021