CRTVG

Buscar

Galicia rexistra catro novas mortes pola covid-19, dúas delas en residencias

Publicado o 18/12/2020 20:24
Galicia rexistra catro novas mortes pola covid-19, dúas delas en residencias

O Servizo Galego de Saúde notifica catro novos decesos na xornada de hoxe, polo que o número total de falecementos ascende a 1.336 desde o inicio da pandemia.

Unha muller de 70 anos faleceu no Hospital de Pontevedra e un home de 91 anos falecía no CHUO. As outras dúas persoas falecidas proviñan de residencias da terceira idade. Unha muller de 104 anos faleceu na residencia San Antonio de Beariz e outra muller, de 84 anos, faleceu no CHUVI, tras ser trasladada desde a Residencia Vila do Conde de Gondomar.

Segundo informa o sergas, todas elas presentaban patoloxías previas.