Confirman un novo positivo na variante india do coronavirus nun hospital de Vigo
Publicado o 08/05/2021 22:39
O Sergas confirmou na tarde do sábado un positivo na variante india do coronavirus en Vigo.
Trátase dun varón de 69 anos ingresado no hospital Vithas Fátima por diversas patoloxías e que presentaba ademais síntomas compatibles coa covid 19.
Tras realizárselle unha PCR na que se confirma o positivo, o servizo de microbioloxía do Cunqueiro confirmou a presenza da variante do país asiático tras secuenciar a mostra.
Seguindo o protocolo, realizouse un cribado tanto ao persoal, coma aos pacientes da planta, sen que se atopase ata o momento ningún novo caso. Así mesmo, contactouse cos catro contactos que tivo o paciente.