CRTVG

Buscar

O Sergas confirma 12 novos positivos en residencia San Vitorio de Baralla

Publicado o 01/09/2021 13:23
O Sergas confirma 12 novos positivos en residencia San Vitorio de Baralla
EFE

O Sergas confirmou doce novos casos positivos de covid-19 na residencia de maiores San Vitorio, no concello de Baralla, onde o número de persoas contaxiadas sobe a 23.

Así mesmo, confirmou un novo positivo na residencia de maiores das Gándaras, onde dúas usuarias infectadas de covid-19, unha muller de 87 e outra de 93, faleceron nas últimas horas. Neste momento, hai 38 casos activos nese xeriátrico de Lugo.

En toda Galicia están infectados de coronavirus 86 usuarios de residencias de maiores e outros doce de centros para persoas con discapacidade, pertencentes ao CAPD de Redondela.

Hai 26 infectados na residencia Garcia Hermanos, de Betanzos; un na DomusVi Coruña, de Oleiros; outro na Santo Estebo de Perlío, en Fene, e tres máis na residencia Santa Marta de Vigo.

O Sergas tamén confirmou que deron negativo un usuario infectado da residencia Santa Marta de Vigo, outro da de Ribadeo e dous máis no Hogar San Rafael, en Vigo.

Noticias web

01/09/2021