CRTVG

Buscar

Sanidade cita traballadores do porto de Vigo para detectar posibles contaxios da variante india

Publicado o 15/05/2021 16:28

O Sergas volverá citar o martes de maneira voluntaria uns 200 traballadores do porto de Vigo co fin de detectar posibles infectados. 

Van seguir os cribados no porto de vigo tras detectarse 21 positivos asintomáticos nas probas voluntarias por PCR que se fixeron aos traballadores do sector.

Resultados que  xa se están a secuenciar no laboratorio do Cunqueiro para determinar se hai transmisión comunitaria da variante india na propia cidade.

Unha cepa que está confirmada nos mariñeiros que chegaron a Vigo hai unhas semanas nos dous buques  de carga. Un deles, o Prometheus, partía onte cara a Bélxica, tras cumprir a corentena e cambiar a tripulación.

O outro, segue amarrado en Rande. Respecto á evolución dos mariñeiros contaxiados, catro deles recibiron este sábado a alta pero houbo tres novos ingresos do Emerald Leader. 

En total son once os mariñeiros que se recuperan en planta e un na UCI.

Todos permanecen ingresados nun hospital de Vigo onde hai outros tres contaxiados coa variante india que nada teñen que ver cos mariñeiros infectados.

 

 

Noticias web

15/05/2021