CRTVG

Buscar

O Sergas cita 13.000 persoas para un cribado da poboación en Arteixo

Publicado o 24/01/2021 14:13

Arredor de 13.000 veciños de Arteixo de entre 15 e 50 anos recibiron unha mensaxe SMS nos seus móbiles para realizar unha proba PCR. As persoas citadas para este primeiro día de cribado recollen neste punto os envases nos que han de depositar unha mostra de saliva.

Arteixo está en nivel de risco extremo. O municipio ten 562 casos activos de covid e unha incidencia acumulada que supera os 1.700 puntos. O crecemento de casos é exponencial, como explica o tenente de alcalde, José María Sánchez, preocupado porque "no Nadal tiñamos uns 30 casos e agora andamos preto dos 600".

Canda este de Arteixo, na área sanitaria da Coruña estanse realizando cribados tamén en Dumbría, Laxe e Vimianzo.

 

Noticias web

24/01/2021