O Sergas di que agora, tras ser intervida a residencia de Salvaterra, a atención é boa
• "Que as familias estean tranquilas, que os seus familiares están moi ben coidados"
Os responsables enviados polo Sergas para xestionar o foco de coronavirus da residencia de Salvaterra recoñecen as dificultades ás que se enfrontaron no momento da intervención. Con todo, defenderon o labor dos traballadores e as condicións hixiénicas do centro a día de hoxe. "Limpo? Está perfecto. Outra cousa é que sexa vello. Eu son vello, pero estou limpo, entendámonos", di José Manuel Pazos, responsable enviado polo Sergas na residencia intervida.
"O que si é verdade é que ao principio da intervención custounos moito cambiar o mecanismo da xente, porque pasamos da ser unha residencia a ser case un hospital", recoñece.
"Que as familias estean tranquilas, que os seus familiares están moi ben coidados. Que loxicamente están a padecer unha enfermidade moi complicada, pero estanse a poñer todos os medios tanto materiais como humanos para facelo o mellor posible, e agora o que precisamos tamén é un pouco de sorte", conclúe José Manuel Pazos.