CRTVG

Buscar

O Sergas analiza os positivos do porto de Vigo para descartar a súa relación cos gromos dos mercantes

Publicado o 13/05/2021 13:56

Continúan hospitalizados en Vigo doce dos dezaoito mariñeiros contaxiados de covid que chegaron a bordo de dous mercantes. En oito deles está confirmada a variante india. Son todos os positivos do Prometheus Leader. O barco, que xa rematou a corentena e foi desinfectado onte á tarde, chegou pouco antes do mediodía ao peirao de Bouzas coa tripulación de reemplazo para continuar coa súa operativa de carga de vehículos para a exportación.

No seu xemelgo, o Emerald Leader, illado no peirao de granito de Rande, hai dez positivos e catro deles están hospitalizados pero aínda se descoñece de que variante se trata. Ao mesmo tempo, o Sergas analiza os vinte casos detectados no cribado do Porto de Vigo para descartar que teñan relación cos gromos destes dous mercantes.

Noticias web

13/05/2021