CRTVG

Buscar

O rastrexo de contactos a sete días permite detectar máis contaxios e frear a expansión do virus

Publicado o 04/05/2021 14:45

Cando unha persoa dá positivo actívase todo un protocolo de seguimento e o rastrexo de contactos. A Unidade de Alertas Epidemiolóxicas da delegación de Sanidade en Ourense comezou en febreiro a rastrexar os contactos dos positivos a sete días.

Localizaron máis positivos e aumentou o número de contactos por cada caso. O Sergas estudará non só os contactos estreitos, senón tamén os contactos causais, é dicir, as persoas que estiveron cun positivo en xuntanzas máis grandes ou no ámbito laboral aínda que estiveran coa máscara posta.

A partir da vindeira semana o Sergas vai intensificar en toda Galicia a busca de contactos. O obxectivo de ampliar a investigación é frear a expansión do virus.