CRTVG

Buscar

O Sergas activa novos protocolos de actuación para a desescalada

Publicado o 01/05/2020 15:38


Os doentes en UCI son xa poucos en Galicia, e os hospitalizados por coronavirus tamén continúan baixando. Comezan a baleirarse ocos e o Sergas pode ir reprogramando en todas as áreas sanitarias a actividade non urxente que fora cancelada tanto nos centros de saúde como nos hospitais. Farase con protocolos especiais para evitar contaxios.

Haberá que acudir sós ás citas salvo casos excepcionais e manter estritamente as distancias de seguridade. Seguirase botando man das consultas telefónoicas cando sexa posible.

Reorganízanse cirurxías, probas e consultas nos vindeiros días priorizando aos doentes que teñen máis urxencia.

Noticias web

01/05/2020