CRTVG

Buscar

O Sergas abre a autocita de vacinación para adolescentes de 16 a 19 anos

Publicado o 22/07/2021 19:00

• O Sergas habilita este venres 11.000 autocitas para a vacinación dos mozos de 6 a 19 anos

Os primeiros menores de 30 anos comezan a recibir a vacina

O presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo anunciou este xoves a apertura da autocita para vacinarse destinada aos adolescentes no grupo de 16 a 19 anos.

Na conferencia de prensa posterior á reunión do Consello da Xunta, Feijóo dixo que xa este mércores á tarde, sen aviso previo, abriuse a posibilidade da autocita para este grupo de idade e que en cuestión de "horas" se cubriron as 6.000 primeiras prazas. O sistema incluso chegou a bloquearse pola gran cantidade de persoas que intentaban acceder a el, o cal, segundo Feijóo, "é unha boa noticia porque hai mozos interesados en vacinarse".

Este venres vaise poder realizar a solicitude de cita para outras 11.000 vacinas, anunciou o presidente da Xunta. A vacina a estes adolescentes seralles dispensada na primeira semana de agosto. 

Núñez Feijóo xustificou a decisión por ser este grupo de idade o que presenta os peores datos de incidencia de contaxios, con máis de 1.300 casos por cen mil habitantes. Dixo, non obstante, que o criterio do Sergas é seguir priorizando os grupos de idade, como se veu realizando, e continuar ese proceso nos menores de 29 que xa comezaron a ser citados para vacinarse.

Feijóo tamén aclarou que o sistema de autocita está aberto para aqueles que non puideron ser inmunizados cando lles tocaba, entre eles os do último grupo de 30 a 39 anos que nas pasadas semanas foron obxecto da campaña de vacinación. 

Noticias web

22/07/2021