CRTVG

Buscar

O Seprona concluíu que o can atado a un gancho de remolque en Ribadeo está en perfectas condicións

Publicado o 15/09/2021 14:50
O Seprona concluíu que o can atado a un gancho de remolque en Ribadeo está en perfectas condicións

A Garda Civil de Ribadeo investigou as imaxes e deu co condutor que levaba un can atado ao gancho do remolque. Alegou que "trasladaba" o can só trescentos metros dunha vivenda a outra. Axentes do Seprona analizaron o can e concluíron que se atopaba en perfectas condicións, sen danos físicos, co microchip e a vacina, así como a documentación en regra, polo que non realizarán outras pescudas e falarán coa Fiscalía se proceden outras medidas.

Porén, asociacións de animais entenden que levar o can atado co motor en marcha supón unha falta grave que se pode sancionar con ata 5.000 euros.

Noticias web

15/09/2021