O SEPE está desbordado tramitando as prestacións dos afectados por un ERTE
Publicado o 15/04/2020 15:15
Dende que se declarou a alarma presentáronse en Galicia máis de 33.000 ERTE, case duascentas mil persoas afectadas. Levan un mes na casa e aínda non cobraron a prestación que lles recoñece o SEPE.
O atraso no pago esténdese tamén aos autónomos, que solicitaron a prestación por cesamento de actividade.
No caso dos autónomos, o Goberno asegura que empezarán a cobrar a prestación este venres.