CRTVG

Buscar

O senador do PP e ex-alcalde de Ourense Jesús Vázquez Abad, positivo por coronavirus

Publicado o 19/03/2020 15:47
O senador do PP e ex-alcalde de Ourense Jesús Vázquez Abad, positivo por coronavirus

O senador do Partido Popular e ex-alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, informou este xoves de que deu positivo nas probas de coronavirus. 

O que tamén foi conselleiro de Educación do Goberno de Alberto Núñez Feijóo asegurou nun vídeo publicado no seu perfil de Twitter que se atopa "ben" e que "non ten síntomas". Tamén di que dende que o 12 de marzo soubo que unha persoa próxima a el enfermara se meteu na casa "por propia vontade".