O Senado pide que Xunta asuma a xestión do pazo de Meirás
Publicado o 16/02/2021 18:23

O Senado pídelle ao Goberno que ceda a xestión do pazo de Meirás á Xunta de Galicia. Votaron a favor desta moción na Cámara Alta, o grupo dos populares, Ciudadanos e o grupo vasco. Os socialistas votaron en contra. Cren que con esta opción "substituírase o relato íntegro do pazo por un relato parcial."