CRTVG

Buscar

O Senado insta o Goberno a restablecer as relacións diplomáticas con Marrocos

Publicado o 16/06/2021 21:03

O Senado insta o Goberno a restablecer as relacións diplomáticas con Marrocos. Foi a proposta do PP. A popular Pilar Rojo chamou o resto de partidos a poñer por diante os intereses de España e, finalmente, tras introducir varias modificacións na moción inicial, conseguir un amplo apoio. Tamén o Partido Socialista votou a favor.

"Os nosos veciños marroquís levaron a cabo unha situación sen precedentes, desproporcionada e falta de humanidade, pero tamén é verdade que non parece que o Goberno de España puxese os medios e os esforzos necesarios para resolver os múltiples desencontros que se produciron durante os últimos meses e que foron deteriorando pouco a pouco as relacións, nunca fáciles, co noso socio magrebí", di Pilar Rojo, senadora do Partido Popular.

 

Noticias web

16/06/2021