O Senado insta o Goberno a elaborar un plan de desenvolvemento da produción de baterías de ións de litio
Publicado o 24/05/2021 20:58

O Senado insta o Goberno a elaborar un plan de desenvolvemento do sector da produción de baterías de ións de litio tendo en contra os proxectos existentes en España, entre os que está o de Vigo, e co obxectivo de recibir financiamento da Unión Europea. A moción do Partido Popular, que defendeu Javier Guerra, recibiu o apoio unánime tras acordar cos socialistas unha enmeda.
O Senado tamén aprobou a moción do PSOE para pedirlle ao Goberno que tome medidas para reverter o erte das refinerías de Repsol na Coruña e en Cidade Real.