CRTVG

Buscar

O Senado absolve a Trump no seu segundo "impeachment"

Publicado o 13/02/2021 22:13
O Senado absolve a Trump no seu segundo "impeachment"

O expresidente dos Estados Unidos Donald Trump foi absolto no xuízo político que se seguía contra el polo asalto ao Capitolio. O Senado baixo control demócrata pechou a acusación e absolveuno de calquera culpa no asalto ao Capitolio do 6 de xaneiro, unha das xornadas máis convulsas da historia do país e na que faleceron cinco persoas.

Os votos republicanos do Senado, consituído como xurado neste xuízo de carácter político, o segundo que afrontaba Trump, salvaron o exmandatario e impedíronlles aos demócratas facerse con suficientes votos para condenalo. Os demócratas argumentaban que "Trump debía de ser condenado polo ben da nosa democracia".

57 dos 100 membros da cámara alta (50 demócratas e 7 republicanos votaron o veredicto de culpabilidade, pero non alcanzaron a maioría de dous terzos precisa para a condena. 43 republicanos votaron en contra. Xamais un xuízo por impeachment suscitou tanto apoio entre os membros do partido do acusado. O proceso deixa a figura de Trump sentenciada para a historia e exhibe a fractura que creou no seu partido.