A Federación recúa e decide que a tripulación do K-4 500 quedará pechada esta semana
Publicado o 09/03/2021 16:58
• Mañá mércores continuará o proceso de selección e a combinación que acredite o mellor tempo competirá na Copa do Mundo

A combinación que acredite o mellor tempo competirá na Copa do Mundo, que se disputará na cidade húngara de Szeged do 14 ao 16 de maio, e se logra un posto de podio, os cuatro deportistas que a compoñen tenrán asegurada a súa presenza en Toquio. Mañá mércores continuará o proceso de selección
Nunha nota anterio a versión era diferente, así rezaba
O adestrador do K4, Miguel García, explicou que o proceso de selección inclúe "datos recompilados durante moito tempo, entre eles os do selectivo, no que se viron algúns que non achegan claridade e que teñen ruído. Desestímanse, como ocorre nun proceso habitual, e séguense recompilando máis datos para conseguir ter a mellor embarcación posible en Tokio".
Miguel García decidiu modificar a folla de ruta do selectivo interno tras os tests celebrados a pasada semana entre as combinacións integradas por Craviotto, Walz, Arévalo e Germade; Craviotto, Garrote, Arévalo e Toro, e Craviotto, Walz, Arévalo e Toro.
O técnico, responsable da preparación de catro das embarcacións gañadoras de medalla nos JJOO de Río 2016, Londres 2012 e Pequín 2008, subliña que a diferenza de tempos quizais non responde a un só motivo, xa que existen variables como que o segundo día fixo máis frío, que a saída se fai manual con pontonero e non automatizada, e a propia activación dos deportistas.
García apuntou: "A partir de agora o que temos que facer é adestrar, e imos pechar o proceso da mellor maneira posible desde o sentido común e o traballo, co cal chegaremos a un punto de consenso no que poderemos finalizar a selección con claridade".