CRTVG

Buscar

O segundo premio reparte 1.250.000 euros na Fonsagrada

Publicado o 22/12/2019 21:39

O segundo premio chegou á montaña lucense para repartir 1,250.000 euros. Na administración da Fonsagrada vendeuse unha serie completa do 10.989. Son 125.000 euros por décimo. Moitos, despacháronse a última hora.

É a primeira vez que se reparte un premio importante neste concello de algo máis de 3.500 habitantes. Otilia, a responsable do despacho, está convencida de que a maioría dos cartos van quedar pola zona.

Otilia enterouse na casa da boa nova pero, en cuestión de minutos, xa o estaba a celebrar na administración, situada na avenida de Galicia. Pouco a pouco, comezou a chegar xente ao local que, a estas horas, xa se converteu nun fervedoiro.

Noticias web

22/12/2019