O segundo plan de rescate da Xunta incluirá axudas específicas para os ximnasios
Publicado o 03/02/2021 21:08

Tamén os ximnasios contarán cunha liña específica de axudas incluídas no segundo plan de rescate que a Xunta prevé activar de xeito inmediato.
En Galicia hai máis de dúas mil empresas relacionadas co deporte e a actividade física, e é un dos sectores máis afectados pola emerxencia sanitaria e polas medidas activadas nesta nova fase da pandemia.