CRTVG

Buscar

O sector turístico reclama compensacións ao Goberno central polas restricións á hostalería

Publicado o 18/08/2020 14:55

O sector turístico reclama ao goberno central medidas de compensación polas restricións impostas á hostelería.

A Alianza polo turismo competitivo en España pide a posta en marcha de iniciativas similares ás que xa se están a aplicar noutros paises europeos para garantir a supervivencia do sector.

Propoñen medidas como a posta en marcha de bonos turísticos ou a redución do IVE aos produtos de hostalería. Tamén aos principais produtos de consumo ou facilitar os trámites administrativos para abrir terrazas ou amplialas.

Noticias web

18/08/2020