O sector turístico podería perder 106.000 millóns este ano e Renault ameaza con posibles despedimentos

Malos datos para a economía española. A crise sanitaria afecta todos os sectores, e o turístico é un dos máis afectados.
Un informe elaborado por Exceltur, a patronal turística, sinala que o sector podería acabar o ano cunha perda de 106.000 millóns de euros. Estamos falando dunha caída do 70% con respecto ao ano pasado.
Porén, Galicia sería a comunidade española que menos perdería.
Un sector que vén perdendo tamén numerosos empregos, avanzan que ata finais de ano poderían estar en risco 750 mil postos de traballo.
As empresas, para facer fronte á crise, apostan por reducir custos e realizar axustes de persoal.
En Renault, unha das empresas que notou esa caída en bolsa, aseguran que ninguna fábrica está a salvo e ameazan con posibles despedimentos nas plantas de Valladolid e Palencia.