CRTVG

Buscar

O sector turístico, pendente das reservas de última hora para a ponte de decembro

Publicado o 01/12/2020 16:16

A da Constitución é unha ponte longa e para toda España, así que é un punto quente dentro da campaña turística de inverno.

Este ano moitos desprazamentos non estarán permitidos, así que imos ver que previsións manexan os profesionais do sector.

Para vilas turísticas como Sanxenxo, a ponte de decembro sempre foi tempada alta dentro do baixo que é o inverno. Este ano a única esperanza está posta nas reservas de última hora.

Habitualmente é unha ponte para vir a Galicia, pero tamén para que saiamos os galegos. O caso é que, coas restricións á mobilidade, pouco movemento hai.

Na empresa maiorista de viaxes CN Travel din que perderon o 90% da actividade que terían nun decembro normal. E dentro do 10% que conservan, case todo ten o mesmo destino.

Máis alá da ponte, tamén hai incerteza para os paquetes turísticos de Nadal.

Teñen en marcha unha campaña nas redes sociais para promover os bonos de viaxe como agasallo para este Nadal.

Noticias web

01/12/2020