CRTVG

Buscar

O sector turístico lanza un SOS pola súa supervivencia

Publicado o 16/06/2020 14:52

O presidente de Globalia cre que a supervivencia do sector está en xogo se non se aproban medidas urxentes. No foro empresarial que organiza a CEOE, as patronais de hoteis e hostalería coincidiron no diagnóstico e acusaron o Goberno de improvisar nun sector esencial.

Os grandes grupos do sector piden mirar os exemplos de Alemaña ou Francia, coas súas políticas de estímulo.

Cren que pasarán varias temporadas ata recuperar os 14 millóns de turistas anuais. Mentres, en Mallorca, os primeiros viaxeiros alemáns pospandemia xa pasaron as primeiras horas nas praias e terrazas dunha illa que mañá agarda outros tres voos para comezar a remontar un verán incerto.

Noticias web

16/06/2020