O sector turístico agarda recuperar folgos na campaña de verán
Publicado o 31/05/2020 21:57
Portomarín agarda a chegada de camiñantes como auga de maio. O camiño francés converteuse nos últimos tempos na base da súa economía pero este ano xa dan por perdida a campaña do verán.
A incerteza atrona, pero non desanima o sector, que dirixe todos os seus esforzos a adaptarse á nova situación. Mentres, nas zonas costeiras xa comeza a notarse movemento.
Confían na mobilidade interprovincial e, sobre todo, na reactivación das rutas aéreas. Polo momento, poucos negocios abriron as súas portas.
Malia todo, o sector non perde a esperanza de recuperar os meses perdidos... se o o turismo nacional responde e o tempo axuda. E xa con vistas a setembro, tamén en Portomarín, onde agardan cos brazos abertos o goteo de camiñantes.