O sector pesqueiro galego lamenta a ausencia dun comisario específico para o sector en Bruxelas
Os novos nomes para as carteiras da Comisión Europea seguen a suscitar controversia. En Galicia preocupa especialmente a ausencia dun comisario específico de pesca e asuntos marítimos, como sucedía ata o
de agora. No novo reparto presentado pola presidenta electa Ursula Von Der Leyen, a pesca englóbase dentro das responsabilidades de Virginijus Sinkevičius Comisario Medio Ambiente e Océanos. Din dende o sector pesqueiro que neste momento, co brexit ás portas, é imprescindible unha voz que defenda os seus intereses.
Non é a única nomenclatura que levanta receos, por iso o presidente do Parlamento Europeo xa convocou unha reunión o próximo mércores para que Von Der Leyen explique estos novos títulos e mesmo confía en que se poidan cambiar algúns.
Mentres continúan as reunións sobre o Brexit. O vindeiro luns o aínda presidente da Comisión, Jean-Claude Junker, reunirase con Boris Johnson en Estrasburgo.