O sector pesqueiro galego demanda un acordo urxente co Reino Unido
Publicado o 16/12/2020 14:57
A negociación das cotas solápase coa do brexit. A presidenta da Comisión recoñecía esta mañá que o acordo co Reino Unido, en materia de pesca, aínda é difícil. Dende Galicia, os armadores urxen a atopar unha solución, cando só faltan dúas semanas para que remate o ano e se consume a saída.
Para o presidente dos Armadores do Porto de Vigo, Javier Touza, non chegar a un acordo sería "o peor dos escenarios" e implicaría inmediatamente a aplicación de aranceis de entre un 6 e un 18%.
"A aplicación de aranceis supón, basicamente, perda importante de competitividade para os nosos produtos e as nosas frotas", advirte Touza.